A terceira Nocturna San Ramón superaba os 700 participantes

TerraChaXa
A terceira edición da Carreira Andaina Nocturna San Ramón 2017 que organiza o Club de Atletismo Vilalba coa colaboración da Deputación Provincial, o Concello de Vilalba e a Comisión de Festas de San Ramón e Santa María 2017 lograba superar os 700 participantes.
Membros do Club Atletismo Vilalba, organizadores da III Carreira   Andaina Nocturna San Ramón.
Membros do Club Atletismo Vilalba, organizadores da III Carreira Andaina Nocturna San Ramón.
21 Ago 2017

A terceira edición da Carreira Andaina Nocturna San Ramón 2017 que organiza o Club de Atletismo Vilalba coa colaboración da Deputación Provincial, o Concello de Vilalba e a Comisión de Festas de San Ramón e Santa María 2017 lograba superar os 700 participantes. Foron 157 os participantes na proba absoluta –tanto masculina como feminina- que visitaban lugares destacados da vila -a rúa Nova, praza San Juan, Santa María, Porta de Cima, etc- nun circuíto de 5,9 quilómetros que o gañador, Esteban Iglesia Vila, remataba en 19 minutos e 59 segundos. O pastoricense repite vitoria nesta proba que tamén lograba reunir a preto de 200 corredores nas categorías menores e 367 persoas nunha andaina nocturna de 2,5 quilómetros.

O podio masculino completábase con Antonio Amilcar Perea na segunda posición e Rubén Vázquez na terceira. María Hurtado foi a máis rápida na categoría absoluta feminina por diante da local Zelin Spencer Conceiçao e Laura Núñez.

Este ano, entre as novidades –o inicio das probas media hora antes das anteriores edicións ou a participación da asociación Os Peludiños que pechaban a andaina con 14 cans en adopción- atopábase a creación dunha categoría local que recoñecía a Antonio Souto, Brais Sánchez, Matías García-Anllo e Pedro Gómez coma os máis rápidos entre os vilalbeses e a Zelin Spencer, María del Pilar Pavón, María Souto e Azucena Díaz entre as vilalbesas participantes.

Trala entrega dos trofeos deseñados polos usuarios e usuarias do Centro Ocupacional de Vilalba, a noite remataba cunha churrascada gratuíta para os e as participantes con animación musical.

podio absoluta   III nocturna vil
0.194256067276