A tos das canceiras

TerraChaXa
Hoxe imos falar da tos das canceiras ou traqueobronquite infecciosa canina que é unha enfermidade multifactorial causada por varios microorganismos (Bordetella bronchiseptica, virus do moquillo, ou virus da parainfluenza canina).
Breixo González
8 Nov 2017

Hoxe imos falar da tos das canceiras ou traqueobronquite infecciosa canina que é unha enfermidade multifactorial causada por varios microorganismos (Bordetella bronchiseptica, virus do moquillo, ou virus da parainfluenza canina).

Son virus e bacterias moi contaxiosos. Propáganse a través de aerosois ( aliva en aire) ou por contacto directo. Por iso é tan frecuente en lugares nos que se concentran moitos cans (canceiras) e por iso recibe ese nome. O feito de que un can viva só nun fogar sen outros cans cerca non quita que se produza o contaxio, xa que durante o paseo ou xogando con outros animais pode ser suficiente para infectarse.

Cando se produce a infeción, esta afecta ao sistema respiratorio. Tras infectar o tecido respiratorio, o virus (calquera dos mencionados antes) produce lesións de tipo inflamatorio a nivel dos bronquiolos. O que ocorre a continuación é que estas lesións poden infectarse de forma secundaria por algunha bacteria.

Os síntomas que se observan destacan unha tose moi forte, bastante espectacular, moitas veces vese o pasear cun can con colar, sendo suficiente unha leve presión para desencadear un ataque de tos. O característico desta tose, que serve para diferenciala do resto de toses, é o seu ton seco e profundo, similar ao que faría o animal se algo estivese atravesado na súa gorxa. Moitas veces vémolas asociadas a unha arcada.

No caso de producirense complicacións bacterianas secundarias pola infección das lesións, acábase tendo que recurrir a antibioterapia e nos casos máis graves empregaranse broncodilatadores.

Moitas veces pode verse acompañada de febre. En xeral a duración do cadro dura arredor dunha semana. Ataca con moita frecuencia a cachorros, nos que se pode convertir en moi perigoso; xa que non teñen a mesma resistencia a nivel inmunolóxico.

Outros animais que consideramos de alto risco son os animais seniles e os de razas braquicéfas (Boxer, Bulldogs, Carlinos..) xa que debidoá súa conformacion craneal xa presentan moitos problemas respitarorios de xeito natural. Os animais que sufriron unha vez a enfermidade, soen ter maior predisposición a padecela en anos seguintes.
As épocas máis comúns nas que se produce a tos das canceiras soen ser o outono e a primavera, xa que os cambios bruscos de temperaturas, así como as variacións de humidade, afectan á mucosa das vias respiratorias, facéndoas máis susceptibles de infección.

As vacinas con cepas de virus para influenza e adenovirus e a bacteria Bordetella bronchiseptica son o método máis efectivo para evitalas.

Breixo González
Chairegos Servizos Veterinarios

0.1808168888092