A XXXIII edición da Festa da Filloa encheu o Manuel Vila de actividade de novo

TerraChaXa
Muimenta acolleu este mércores, día 1 de maio, unha nova edición da Festa da Filloa, cita obrigada para os amantes de este produto que ten o recoñecemento de Festa de Interese Turístico Galego.
festa da filloa muimenta 2024 11
festa da filloa muimenta 2024 11
2 Maio 2024

Muimenta acolleu este mércores, día 1 de maio, unha nova edición da Festa da Filloa, cita obrigada para os amantes de este produto que ten o recoñecemento de Festa de Interese Turístico Galego.

O mal tempo non desanimou e o recinto Manuel Vila encheuse de público e dos representantes políticos das distintas institucións colaboradoras. As filloeiras repartiron as 18.000 filloas previstas e novamente houbo música, obradoiros, xantar e xogos.

O acto central do día foi a inauguración do evento, que estivo a cargo da periodista Tania Fernández Lombao, quen destacou o traballo realizado pola comisión e a unión da veciñanza de Muimenta.

Durante o día pasaron distintas autoridades. A deputación de cultura Iria Castro interesouse polo traballo das filloeiras nas pranchas e participou tamén na entrega de premios do Certame de Debuxo e Relato Filloa 2024 no que participaron alumnas e alumnos dos colexios da contorna, e que pretende involucrar as xeracións máis novas nesta tradición.

A deputada do BNG no parlamento galego Montse Valcárcel tamén acudiu á cita, acompañando a Iria Castro, e asegurou que "temos que por en valor o traballo colectivo e o traballo das mulleres que fan este rico manxar da nosa gastronomía".

Esta festa “enxalza un dos nosos produtos máis auténticos e serve para que se vexa o potencial do noso rural, que se conserven as nosas costumes e tradicións. Ademais entre todas temos que por en valor o noso patrimonio gastronómico”, afirmou.

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu a este evento acompañado do delegado territorial, Javier Arias. Salientou a importancia que a enogastronomía ten na folla de ruta da Xunta de Galicia, a través de varias iniciativas, entre as que salientou o Plan Territorial de Sustentabilidade Turística Enogastronomía de Galicia, que inclúe distintos plans turísticos en máis de 80 concellos ao redor dos seus recursos enogastronómicos, así como distintas liñas de axuda para incentivar, por exemplo, a creación de novos establecementos ou mellora dos existentes ao redor dos recursos gastronómicos. Agradeceu, ademais, á organización da Festa da Filloa de Muimenta o seu compromiso cunha festividade das máis afamadas da repostaría tradicional galega.

0.17622995376587