A UD Pastoricense convoca unha Asemblea Xeral Extraordinaria para definir o futuro do club

TerraChaXa
Durante a sesión presentaranse as novas candidaturas recibidas, así como os proxectos deportivos e institucionais propostos
partido-pastoricense
22 May 2026

A Xunta Xestora da UD Pastoricense anunciou a convocatoria dunha Asemblea Xeral Extraordinaria dirixida a toda a masa social da entidade. A reunión celebrarase hoxe, venres 22 de maio, ás 20:00 horas no salón de actos da Casa da Cultura.

Segundo informou o club a través dun comunicado oficial, o encontro enmárcase dentro do actual calendario electoral e terá como principal obxectivo dar a coñecer as distintas opcións e proxectos para o futuro da entidade.

Durante a sesión presentaranse as novas candidaturas recibidas, así como os proxectos deportivos e institucionais propostos. Ademais, abrirase unha quenda de intervencións para que os socios poidan expresar as súas valoracións, formular preguntas e participar activamente no debate.

Desde a directiva subliñan que se trata dun “momento fundamental” para definir o rumbo do club e fan un chamamento á máxima asistencia da afección e dos socios, destacando a importancia da participación colectiva na construción do futuro da UD Pastoricense.

0.11561894416809