A Uned de Lugo busca sinerxias coa universidade de Ecuador

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
A Uned de Lugo e Universidade Agrícola de Ecuador mantiveron unha xuntanza de traballo onde se estudaron posibles sinerxias.
uned lugo sinerxias
uned lugo sinerxias
25 Feb 2021

A directora da Uned de Lugo, Ana Belén Traseira e a reitora Martha Bucaram da Universidade Agrícola de Ecuador mantiveron unha xuntanza de traballo onde se estudaron posibles sinerxias a levar a cabo entre ambas institucións universitarias como poden ser seminarios, congresos, voluntariado ou proxectos de investigación conxuntos.

O proxecto LugoNaturalMente centrou gran parte da cita debido ao interés que suscitou na universidade ecuatoriana o traballo en materia de sostenibilidade ambiental,  sensibilización cos problemas do desenvolvemento e coa posta en valor do patrimonio medioambiental.

Outro dos aspectos desta cooperación transoceánica centrarase no estudo do impacto do cambio climático así como na contribuición da Uned de Lugo na divulgación da Axenda2030 e os seus 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) no que se emprega a fondo a prol do conxunto da Comunidade Universitaria e dos cidadáns da provincia de Lugo.

0.15724492073059