A UNED Sénior de Guitiriz abre a inscrición para o segundo trimestre

TerraChaXa
A Uned Sénior da Universidade da Coruña abriu o prazo de inscrición para as aulas que ten en Guitiriz para o segundo cuatrimestre do ano.
aula senior guitiriz portada
aula senior guitiriz portada
7 Feb 2022

A Uned Sénior da Universidade da Coruña abriu o prazo de inscrición para as aulas que ten en Guitiriz para o segundo cuatrimestre do ano, proceso que se manterá activo ata o 14 de febreiro.

Ofreceranse en Guitiriz tres materias. Por unha banda, Cultura Musical, que se impartirá os martes de 17.30 a 19.30 hora na Casa Habanera; inglés os venres de 18.30 a 20.30 horas na Aula Cemit, e Prevención do deterioro cognitivo os mércores de 17.30 a 19.30. horas no Taller Pilaria.

A Uned Sénior vai dirixida a persoas que teñan polo menos 55 anos. Os que desexen máis información poden escribir a info@concellodeguitiriz.com ou telefonar ao Concello (982 370 109).

0.18311405181885