A unidade móbil de doazón de sangue está este luns en Muimenta

A unidade móbil de doazón de sangue estará este luns, 21 de setembro, no concello de Cospeito para recoller as doazóns dos veciños que así o desexen maiores de 18 anos e con máis de 50 quilos de peso.
O vehículo prestará servizo de 16.00 a 21.00 horas na praza Maior de Muimenta.
O servizo lembra que para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar esperar dúas horas. Hai que presentar DNI ou documento similar ou no seu caso tarxeta de doante.