A unidade móbil de doazón de sangue está este venres en Meira

TerraChaXa
O vehículo prestará servizo na praza Maior, ao carón da parada de taxis
doazon-sangue-camion-sergas
Camión da doazón
27 Aug 2026

A unidade móbil de doazón de sangue estará este venres, 28 de agosto, no concello de Meira para recoller as doazóns dos veciños que así o desexen maiores de 18 anos e con máis de 50 quilos de peso.

O vehículo prestará servizo de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas na praza Maior, ao carón da parada de taxis.

O servizo lembra que para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar esperar dúas horas. Hai que presentar DNI ou documento similar ou no seu caso tarxeta de doante.

0.12126421928406