A unidade móbil de doazón de sangue visita Outeiro de Rei

LugoXa | TerraChaXa
O vehículo prestará servizo entre as 18.00 e as 21.00 horas ao carón do PAC, no antigo centro de saúde
doazon-sangue-camion-sergas
Unidade móbil
29 May 2024

A unidade móbil de doazón de sangue estará este xoves, 30 de maio, no concello de Outeiro de Rei para recoller as doazóns dos veciños que así o desexen maiores de 18 anos e con máis de 50 quilos de peso.

O vehículo prestará servizo entre as 18.00 e as 21.00 horas ao carón do PAC, no antigo centro de saúde.

O servizo lembra que para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar esperar dúas horas. Hai que presentar DNI ou documento similar ou no seu caso tarxeta de doante.

0.1497540473938