A veciña de Guitiriz Sara Veres Vázquez celebra o seu 101 aniversario

TerraChaXa
A concelleira de Servizos Sociais, Sofía Sánchez, achegouse ata o seu domicilio para facerlle entrega dun ramo de flores en nome do Concello
101-anos-sara-veres
24 Apr 2026

A veciña de Guitiriz Sara Veres Vázquez celebrou este xoves, 23 de abril, o seu 101 aniversario. Con motivo desta data sinalada, a concelleira de Servizos Sociais, Sofía Sánchez, achegouse ata o seu domicilio para facerlle entrega dun ramo de flores en nome do Concello.

Desde o goberno local quixeron sumarse á celebración felicitando á homenaxeada e agradecendo á súa familia o trato recibido durante a visita. Sara Veres Vázquez convértese así nun exemplo de lonxevidade no municipio, nun día especial marcado polos parabéns e o recoñecemento institucional.

0.11924004554749