A veciñanza afectada pola concentración en Moncelos ten o lus unha reunión
Segundo acordaron a Xunta e o Concello de Abadín estase a proceder á elaboración das bases no caso do proceso de concentración parcelaria en Moncelos, para identificar os propietarios e parcelas implicadas.
Debido a isto, o Servizo de Infraestruturas da Xunta de Galicia convocou aos propietarios e demais titulares a unha asemblea informativa na que se explicarán os detalles sobre a fase de investigación da propiedade e elixirase aos catro representantes e respectivos suplentes na xunta local de zona.
Nesta reunión deberá elixirse tamén aos integrantes do grupo auxiliar de traballo (un mínimo de catro persoas) que terá como función principal asesorar e colaborar coa xunta local e o equipo técnico actuante durante o proceso, especialmente na clasificación de terras. As persoas escollidas deberán residentes na parroquia e procurarase representar a todas as entidades de poboación do perímetro.
Esta xuntanza terá lugar o luns 27 de maio, ás 11.00 horas no antigo colexio e Moncelos.