A veciñanza de Roupar fará unha cea de San Xoán o domingo

TerraChaXa
O menú consistirá en paella, liscos, patacas, sobremesa, café e licor
san-xoan-roupar-xermade
Cartel
19 Xuño 2024

A asociación veciñal de Roupar celebrará a cea de San Xoán o próximo domingo, 23 de xuño na escola.

Será a partir das 21.00 horas e para apuntarse haberá que facelo antes do 20 de xuño no Bar Petróleo, na farmacia ou nos teléfonos 660 228 252 e 678 063 111.

O menú consistirá en paella, liscos, patacas, sobremesa, café e licor. O prezo é de 12 euros para socios e 15 para non socios. Para os nenos menores de 12 anos será de balde.

0.070315837860107