A veciñanza de Roupar fará unha cea de San Xoán o martes

A asociación veciñal de Roupar celebrará a cea de San Xoán o próximo martes, 23 de xuño na escola.
Será a partir das 21.00 horas e para apuntarse haberá que facelo hoxe sábado como último día no Bar Petróleo, na farmacia ou nos teléfonos 660 228 252 e 678 063 111.
O menú consistirá en paella, liscos, patacas, sobremesa, café e licor. O prezo é de 15 euros para socios e 18 para non socios. Para os nenos menores de 12 anos será de balde.