A visita a Xuvenlugo abre o programa de Nadal da Pastoriza
TerraChaXa
A Pastoriza contará con programa de Nadal que se inicia o día 23 cunha viaxe á Xuvenlugo, organizada polo Concello.
![programa nadal a pastoriza portada](https://terrachaxa.com/wp-content/uploads/2022/12/programa-nadal-a-pastoriza-portada.jpg)
programa nadal a pastoriza portada
21 Dec 2022
A Pastoriza contará con programa de Nadal que se inicia o día 23 cunha viaxe á Xuvenlugo, organizada polo Concello.
Ademais, dentro do programa, contarán coa visita da apalpadora o día 24, ás 12.00 horas no salón de actos do Concello. Así mesmo, haberá dúas actuacións. O 28 terá lugar a de Mamá Cabra na Pastoriza e o 30 será a do circo Chosco Forzuz en Bretoña.
Finalizarán a programación coa habitual Cabalgata de Reis polas rúas da capitalidade.
![programa nadal a pastoriza](https://terrachaxa.com/wp-content/uploads/thumbs/2022/12/programa-nadal-a-pastoriza-200x282.jpg)