A voz dos alcaldes: “Cando unha necesidade queda solucionada é un orgullo persoal e colectivo”

GaliciaXa | TerraChaXa
O rexidor de Abadín é un dos máis antigos da provincia de Lugo, tras comezar a súa andaina política da man de Alianza Popular. Mantén no concello un claro bipartidismo, superando nun concelleiro ao partido socialista
lopez-rancano-alcalde-abadin
7 Jun 2026

Explíquenos un pouco como se iniciou na política e como se vinculou ao seu partido.

No ano 1983 presenteime por primeira vez encabezando a lista de Alianza Popular. Nas seguintes convocatorias (11) sempre encabecei a lista da candidatura do Partido Popular, acadando maiorías.

Como deu o salto ou recibiu o impulso para ser alcalde?

Teño comentado algunhas veces que, sendo neno, na Pontenova visitaba con frecuencia o Concello e ía xogar cos diversos mataselos que tiña na mesa o secretario, Matías García, que ao mesmo tempo era tío e padriño. Estivera tamén de secretario en Vegadeo e gustábame o que vía.

A nivel persoal, que sacrificios supón formar parte do Goberno do Concello?

No meu caso, non supón sacrificio. Calquera outra actividade que un desenvolva e que realice con ilusión non supón sacrificio. Todo o contrario. É unha satisfacción.

Como equilibra a vida pública e privada?

Con toda naturalidade, na casa teño a sorte de ter un apoio constante e enorme.

Cales son os seus obxectivos a nivel político?

A nivel político, a día de hoxe levo 43 anos de alcalde de Abadín, o mesmo tempo 12 anos na Deputación de Lugo, e, ao mesmo tempo, formando parte de Afial, Indudes, Xestur, sendo conselleiro de Caixa Galicia e no comercio lucense.

E se renova na Alcaldía, cales son as principais actuacións previstas?

Evidentemente o primeiro é renovar a confianza de todos os veciños e veciñas do Concello e manter todas as instalacións da terceira idade, centro de día (40 usuarios), Axuda no Fogar (150 usuarios), nova residencia de maiores (40 usuarios), centro médico, colexio, instalacións deportivas, estradas, camiños locais, etcétera.

Cales son as principais liñas do seu programa?

Con máis de 40 anos de alcalde, os veciños e veciñas coñecen a miña forma de actuar. Ao longo deste tempo o Concello foi evolucionando, tanto en estradas locais aglomeradas (1.000 km), como servizos eléctricos acordes coas necesidades actuais, teléfonos, servizo de internet, etc. Servizos que tiñan moitas deficiencias e hoxe funcionan correctamente. Imos seguir por esta liña, coñezo, e os veciños tamén, as necesidades e, co compromiso de todos e como ata agora, solucionándoas.

Cales considera que son as principais necesidades do seu Concello?

A necesidade máis urxente a día de hoxe é poñer en funcionamento a residencia de maiores; estamos no mellor camiño para que isto se faga realidade moi cedo.

De que proxectos se sente máis orgulloso?

De todos eles, cando unha necesidade de calquera índole queda solucionada é un orgullo persoal e colectivo.

Que lle gustaría que os veciños visen en vostede como alcalde?

Unha persoa asequible, dialogante e que, dentro das súas posibilidades, intenta solucionar os diferentes problemas.

Como é a súa relación coa oposición?

Nun Concello como Abadín, as relacións persoais son boas e a nivel político, todos intentamos facer o que consideramos mellor para os nosos veciños. Ideoloxía aparta de estas consideracións.


EN CLAVE PERSOAL

• Idade, estado civil e familiar
74 anos, casado e pai dunha filla
• Profesión e formación
Industrial e formación universitaria
• E si non fora industrial, que lle gustaría ser?
Empresario
• Que quería ser de maior
Arquitecto
• Que fai para desconectar?
Visitar lugares e países
• Unha virtude e un defecto
A paciencia, que che permite escoitar e actuar con calma. O defecto é que ás veces fáiseme difícil cambiar de opinión, cando sería o mellor
• Un consello para compartir
Non tomar decisións importantes cando se está canso, enfadado ou con présa
• Un libro, unha película ou/e un grupo de música/cantante
Los puentes de Toko-Roi e a música de Simon And Garfunquel
• Unha afección
Os rallys e os coches
• Un lugar que visitar
O Concello, tanto as parroquias de montaña como as da Terra Chá
• Unha comida e unha bebida
Non teño preferencia, gústanme todas. De bebidas, son gran consumidor de auga
• Unha persoa admirada
O meu pai
• Unha posesión prezada
O máis valioso é aquilo que non se pode substituír
• Un desexo
Vivir con tranquilidade, saúde e rodeado das persoas que quero
• Algo para esquecer
Si un o realiza convencido non se pode arrepentir
• Que é o que máis valora nunha persoa?
Que diga o que pensa, e actúe en consecuencia, incluso cando no e o mais fácil
• Un desafío pendente
Que o progreso se note en todas as parroquias e xerar máis oportunidades para a xente moza.
• Onde se ve en cinco anos?
Habendo cumprido co que prometín, un Concello con mellores servizos e mais oportunidades. E no persoal onde sexa máis útil

0.11524891853333