A Xanela celebrará o día 29 a súa carreira e andaina solidarias

TerraChaXa
Esta iniciativa ten como obxectivo mostrar, a través do deporte e dos seus valores, a importancia do coidado das persoas con diversidade funcional e das persoas maiores
carreira-solidaria-as-pontes-contigo
17 sep 2024

Xanela convoca a segunda carreira-andaina solidaria As Pontes Contigo, que se celebrará o domingo 29 de setembro.

Esta iniciativa ten como obxectivo mostrar, a través do deporte e dos seus valores, a importancia do coidado das persoas con diversidade funcional e das persoas maiores en soidade non desexada así como recadar fondos para o seu proxecto As Pontes Contigo.

A II Carreira - Andaina Solidaria As Pontes Contigo está incluída no calendario oficial das competicións da FGA, desenvolverase nun circuíto urbano homologado, con saída e meta na Rúa 8 de marzo.

A proba arrancará ás 11:18 da mañá pero tamén outras probas para diferentes categorías, como biberón (150 metros ), Sub 8 (350 metros), Sub 10 (700 metros), sub 12 (1000 metros), sub 14 (1400 metros), sub 16 (1800 metros), absoluta (5 km), andaina (3,5 km) así como una categoría inclusiva na que poderán participar persoas que compiten en cadeiras de rodas e handbikes, persoas con algún tipo de diversidade funcional de tipo visual así como calquera outro tipo de diversidade.

O prezo de inscripción é de 6 euros para a carreira e de 3 euros para a andaina. A carreira será de balde para a categoría biberón e de 2 euros para o resto de grupos da categoría escolar, no caso da andaina será gratuíta para as crianzas de menos de 5 anos cumpridos o día do evento. O prazo para inscribirse remata o martes 24 de setembro de 2023 ás 23:59 horas. A inscrición está a cargo da Federación Galega de Atletismo e realizarase a través da páxina web: www.carreirasgalegas.com.

Para a modalidade de andaina a inscrición poderá ser levada a cabo a través desta web ou de maneira presencial na sede da asociación A Xanela (Rúa A Xanela s/n, As Pontes de García Rodríguez, A Coruña). As persoas que participan na categoría inclusiva deberán inscribirse a través da Federación Galega de Atletismo e indicar especificamente que van a participar en dita modalidade.

Dado o carácter solidario da presente carreira - andaina, establecese a posibilidade de participar a través da “fila cero” para todas aquelas persoas que, sen participar na carreira nin na andaina, queiran facer unha contribución económica ao proxecto “As Pontes Contigo

Todas as persoas participantes na categoría escolar van a recibir de agasallo unha medalla e unha bolsa co avituallamento. Os tres primeiros homes e as tres primeiras mulleres clasificadas na categoría absoluta van a recibir un trofeo. As tres primeiras persoas clasificadas na categoría inclusiva dentro da carreira absoluta van recibir un agasallo e, ademais, haberá outro para a persoa con máis idade que remate a carreira. A carreira andaina solidaria rematará cun sorteo de agasallos, cedidos por diversas empresas galegas e multinacionais, entre todas as persoas participantes.

0.18451189994812