A XI Mostra de Danza Belinda Paz reunirá en Vilalba a preto de 200 bailaríns e bailarinas

TerraChaXa
O evento terá unha entrada solidaria, xa que se pide un donativo de 5 euros
mostra-de-baile-belinda-paz
13 May 2026

escola Movemento Vilalba celebrará este venres, 15 de maio, ás 19.00 horas a XI Mostra de Danza Belinda Paz, unha cita xa consolidada no calendario cultural vilalbés e que reunirá sobre o escenario a preto de 200 bailaríns e bailarinas de distintas idades.

Segundo avanzou a organización a través das redes sociais, o festival contará coa participación de alumnado desde os 3 anos, que amosará ao público o traballo desenvolvido ao longo do curso, nun espectáculo no que a danza, a emoción e a ilusión serán os grandes protagonistas.

Desde Movemento Vilalba destacan que a mostra “non é só un festival”, senón tamén “o reflexo de todo un curso de traballo, soños e crecemento”, convidando á veciñanza a compartir “unha tarde chea de maxia, emocións e momentos inesquecibles”.

O evento terá unha entrada solidaria, xa que se pide un donativo de 5 euros. A organización agarda unha ampla resposta do público nunha nova edición dunha actividade que cada ano reúne a familias, alumnado e amantes da danza arredor dunha das citas máis especiais da tempada.

0.11097097396851