A XII edición da Invernada de Cine de Cabreiros arrancará o día 26 de outubro

TerraChaXa
O programa contará con dúas proxeccións e dous espectáculos teatrais e un monólogo
invernada-de-cine-cabreiros
12 Out 2024

A casa escola de Cabreiros volverá ser sede este outono da Invernada de Cine, que este ano chega á súa duodécima edición con actividadades durante os meses de outubro, novembro e decembro.

O programa contará con dúas proxeccións e dous espectáculos teatrais e un monólogo. Arrancará o 23 ás 18.30 horas coa película de Patricia Font El maestro que proemetió el mar.  Ariadna descobre que o seu avó leva tempo buscando os restos do seu pai, desaparecido na Guerra Civil e decide axudalo polo que viaxa a Burgos, onde están exhumado unha fosa común. Alí coñece a Antoni Benaiges, un mestre de Tarragona cun innovador método pedagóxico.

Continuarán o 9 de novembro, á mesma hora, co monólogo Contaba morrer, de Lois Pérez, un espectáclo que reflicte o optimismo tráxico que define aos galegos.

Mary & Max será a seguinte proxección, unha película de animación de Adam Elliot, que poderá verse o 16 de novembro, un film que fala da amizade aínda que toca asuntos como o alcoholismo, as diferenzas, a soidade, os amigos imaxinarios e os amigos por correspondencia.

En decembro está previsto o día 14 un espectáculo infantil e familiar de Pakolas, As máis molonas, que recolle as cancións máis aclamadas poloo público infantil rockeiro galego.

A invernada chegará ao seu final coa obra teatral As fillas bravas e o mito de Casandra, a cargo do grupo Chévere. Son tres pandereteiras que cantan coplas e contan contos escoitados ou inventados, con moita retranca e menos sabedoría.

0.16469693183899