A XII edición do Roteiro Avelino Díaz percorre o camiño entre A Órrea e Meira

TerraChaXa | AMariñaXa
Durante a andaina inaugurouse un novo chantón realizado por Manuel Pardo López, que foi apadriñado polo escritor e profesor Mario Outeiro Iglesias
roteiro-letras-avelino-riotorto-meira
31 Aug 2026

A Asociación Cultural Avelino Díaz celebrou unha nova edición do seu tradicional roteiro arredor da figura do poeta, cun percorrido entre a súa casa natal, na Travesa da Órrea, e a casa da Pena, en Meira.

Durante a andaina inaugurouse un novo chantón realizado por Manuel Pardo López, que foi apadriñado polo escritor e profesor Mario Outeiro Iglesias. A nova peza súmase así aos elementos vinculados á memoria e á figura de Avelino Díaz que acompañan este percorrido.

Xa en Meira, as persoas participantes puideron desfrutar dun pasacalle a cargo do grupo tradicional Noxo Me Dás, de Vilalba. A actuación estivo encadrada no programa Tradigalu, da Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

A xornada rematou cun xantar gratuíto para todas as persoas participantes na Casa da Cultura de Meira, poñendo o peche a unha nova edición desta ruta dedicada a manter viva a memoria e o legado literario de Avelino Díaz.

0.14535617828369