A XLI edición da Festa da Troita da Pontenova, coa que colabora a Deputación, reuniu a 130 pescadores

TerraChaXa | AMariñaXa
O Presidente da Deputación e Alcalde da Pontenova, Darío Campos Conde, xunto a outros membros da corporación municipal, participaron este mércores, nos actos da XLI edición da Festa da Troita da Pontenova, coa que colabora o Executivo Provincial.
1 May 2019

O Presidente da Deputación e Alcalde da Pontenova, Darío Campos Conde, xunto a outros membros da corporación municipal, participaron este mércores, nos actos da XLI edición da Festa da Troita da Pontenova, coa que colabora o Executivo Provincial. Este evento, declarado como Festa de Interese Turístico Nacional, desenvolveuse ao longo deste martes e mércores, e reuniu a 130 pescadores de Galicia, Asturias e outras comunidades.

Campos Conde sinalou que “a Festa da Troita da Pontenova é un evento consolidado no noso Concello que conta con máis de 40 anos de tradición, sendo ademais a segunda festa da troita máis antiga de Galicia, o que supón tamén un importante revulsivo económico para a contorna da Mariña e a provincia. Durante os dous días máis de 4.000 persoas achegáronse a esta festa que reúne actividades moi variadas: actuacións de bandas de música, sesións vermú, concursos de pesca ou degustacións de troita, entre outras”.

Nesta cita, que acadou unha ocupación hoteleira do 100%, tiveron lugar os concursos de pesca (lance, salmón e mosca) e, como novidade, a I Ruta de Sendeirismo Festa da Troita Vía Verde, que discorreu pola antiga vía do tren que vai desde A Pontenova e Ribadeo, pasando ao carón do río Eo e por 6 túneles de pedra. Esta ruta gratuíta e para todos os públicos tivo un percorrido total de 12,5 km. Ademais, na xornada do martes, tivo lugar o pregón a cargo da actriz e presentadora, Isabel Blanco e unha degustación de troitas. Ambos os dous días, a xornada estivo amenizada polas orquestras: Costa Dorada, Anaconda e Solara.

0.15788221359253