A xornada Amas da terra das Pontes reforza o apoio ao emprendemento feminino no rural

TerraChaXa
A chef Lucía Freitas deu a coñecer o proxecto, que rende homenaxe ás mulleres que fixeron da gastronomía e da cultura galega un legado vivo
emprendemento-feminino-rural-as-pontes
17 Jun 2026

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participou xunto ao director territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, Juan José Couce, na xornada Amas da terra organizada polo Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego de Ferrol, co obxectivo de dinamizar o talento feminino e o emprendemento da muller no eido rural. Nesta actividade —desenvolvida en formato charla-taller— as participantes coñeceron de primeira man experiencias de emprendedoras na súa terra e puideron explorar as oportunidades que ofrece o territorio, poñendo en valor os recursos naturais e os elementos patrimoniais da zona.

Durante o encontro, que tivo lugar na Casa do Mel de Goente, a chef Lucía Freitas deu a coñecer o proxecto, que rende homenaxe ás mulleres que fixeron da gastronomía e da cultura galega un legado vivo. De seguido, a quenda pasou a Cristina Pérez, de Granxa Lourán; Carmen Caínzos, de Ay Carmen! Marmeladas e pementos, e Isabel Goti, apicultora e técnica na Casa do Mel, que compartiron as súas experiencias persoais e profesionais, así como as súas traxectorias no ámbito social, cultural e emprendedor.

A xornada continuou cunha sesión colaborativa consistente nunha mesa redonda para compartir experiencias, descubrir os recursos do territorio e crear novas alianzas entre mulleres do territorio.

Aneiros aproveitou para trasladar o apoio do Goberno galego a iniciativas deste tipo, remarcando que “avanzar en igualdade tamén significa dar visibilidade, recoñecemento e oportunidades ás mulleres que son motor de cambio e de progreso”.

0.14233303070068