A Xunta actuará na AC-564, ao seu paso polos municipios da Capela e As Pontes

TerraChaXa
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade licitou hoxe por importe de 1.
3 Mar 2024

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade licitou hoxe por importe de 1.494.656 euros as obras de mellora do firme nas estradas autonómicas AC-110, AC-564 e AC-566, ao seu paso por 7 concellos da comarca de Ferrolterra.

A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia publica hoxe a contratación destas actuacións, establecendo como prazo para que as empresas interesadas poidan presentar as súas ofertas ata o vindeiro día 27 de marzo.

O obxectivo da Xunta é adxudicar os traballos no mes de maio e iniciar as obras en xuño para telas executadas neste mesmo ano, xa que os traballos contan cun prazo de execución de 5 meses.

As intervencións incluídas neste contrato levaranse a cabo en varios treitos das estradas autonómicas AC-110, nos concellos de Cerdido, de Moeche e das Somozas; na AC-564, ao paso polos municipios da Capela e das Pontes; e na AC-566, no seu percorrido polos concellos de Valdoviño e de Cedeira.

As actuacións teñen como obxecto a rehabilitación localizada do firme mediante o fresado e a reposición da capa de rodaxe, coa finalidade de mellorar as condicións de circulación en varios treitos destas 3 estradas, completado as obras co repintado das marcas viarias.

Nos treitos nos que se considera necesaria unha actuación maior selaranse as fendas e fisuras nunha anchura mínima de 5 cm e un mínimo de 3 mm de espesor.

Nos treitos nos que se detecta un maior número de accesos a vivendas, aparcadoiros e bordos, nos que a rasante da estrada xa se atopa elevada por anteriores actuacións, executaranse fresados localizados de 5 centímetros a carril completo.

Ademais, naqueles tramos onde se realicen actuacións de recrecido e exista presenza significativa de gretas no pavimento, realizarase a aplicación en quente dun produto de selado sobre as fisuras de anchura non inferior a 5 cm e espesor non inferior a 3 mm.

As actuacións completáranse co pintado da sinalización horizontal dos treitos de actuación de todas as estradas e os treitos de barreira de seguridade que sexa preciso.

Tamén se procederá ao repintado, en ambos os sentidos da calzada, no caso da estrada AC-110, entre os quilómetros 10+750 e o 10+900, e entre o 18+320 e o 18+420; así como na AC-566, entre os puntos quilométricos 2+220 e 2+750.

As actuacións obxecto deste contrato non implican a realización de expropiación algunha, xa que todas están incluídas dentro da franxa de dominio público.

O Goberno galego continúa a traballar para manter as vías de titularidade da Xunta nas mellores condicións e para garantir a seguridade viaria aos usuarios, destinando o vindeiro ano 53 millóns de euros á súa conservación.

0.17978000640869