A Xunta amplía nun millón de euros a orde de axudas destinada ás asociacións veciñais
TerraChaXa
A Xunta decidiu ampliar nun millón de euros a orde de axudas destinada ás asociacións veciñais ata chegar a un orzamento global de 2,4 millóns de euros.
4 sep 2017
A Xunta decidiu ampliar nun millón de euros a orde de axudas destinada ás asociacións veciñais ata chegar a un orzamento global de 2,4 millóns de euros.
O goberno galego considera fundamental a colaboración co movemento asociativo, como mellores coñecedores das demandas e necesidades reais da cidadanía, polo que decidiu ampliar nun millón de euros esta orde de axudas dirixida a estes colectivos, ata chegar a un orzamento total de 2,4 millóns de euros, co obxectivo de contribuír a mellorar a calidade de vida local, e fomentar e dinamizar o movemento veciñal.