A Xunta anuncia que financiará a redacción do proxecto para unha residencia e centro de día na Pastoriza

TerraChaXa
O complexo, que será municipal, contará con 56 prazas en total das cales 40 serán de atención diúrna e outras 16 de carácter residencial
fabiola-alcalde-pastoriza-dario
22 Nov 2024

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, mantivo unha xuntanza co alcalde do concello da Pastoriza, Darío Cabaneiro, no que lle avanzou que a Xunta de Galicia financiará a redacción do proxecto para a construción dunha residencia e dun centro de día municipal na localidade.

O complexo contará con 40 prazas para atención diúrna e unhas 16 de carácter residencial para maiores cunha situación de dependencia recoñecida, sumando así 56 novas prazas a este municipio para a atención a persoas maiores con dependencia.

A conselleira de Política Social e Igualdade xa coñecera este proxecto tan demandado nesta localidade da Terra Chá nunha xuntanza previa co alcalde, Darío Cabaneiro, e o tenente de alcalde, Marcos García. Neste encontro, trasladáronlle a Fabiola García a intención de situar este novo complexo nunha zona céntrica da localidade, próximo á casa consistorial.

0.16936612129211