A Xunta anuncia tres veces e da por finalizadas as obras no CPI Virxe do Monte antes de que comecen

TerraChaXa
O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Luis Álvarez, advertiu este xoves que a Xunta ten anunciado xa en tres ocasións, mesmo chegando a dar por rematadas, as obras do CPI Virxe do Monte de Cospeito e en Guitiriz cando “estaban sen comezar”.
16 Nov 2017

O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Luis Álvarez, advertiu este xoves que a Xunta ten anunciado xa en tres ocasións, mesmo chegando a dar por rematadas, as obras do CPI Virxe do Monte de Cospeito e en Guitiriz cando “estaban sen comezar”. Así nunha pregunta oral na Comisión de Educación do Parlamento, na que recomendou “quitarlle un pouco de intensidade publicitaria” ao delegado do goberno galego na provincia.

O portavoz socialista levou á Cámara a información transmitida polos medios de comunicación o pasado 9 de setembro cunha relación de actuacións do goberno galego entre as que figuraban as destes dous centros, por importe de 9 millóns de euros, dous días despois da súa adxudicación e antes de que comezaran.

Álvarez ironizou coa “intensidade” do delegado territorial quen, dixo, “malia que non está o AVE feito na provincia, debeu de atopar un medio de transporte descoñecido que permite que se presente de forma case simultánea en dous puntos opostos da provincia”. Mesmo apuntou á súa presunta habilidade para “torcer a curvatura espazo – temporal de forma singular” na provincia.

0.20303106307983