A Xunta aproba un convenio para investir en actividades de envellecemento activo en Riotorto

TerraChaXa | AMariñaXa
O obxectivo destes acordos é previr situacións de dependencia e facilitar unha vida activa
Imaxe dunha persoa maior
Unha persoa maior
28 Maio 2024

O Consello da Xunta deu conta de dous convenios de colaboración cos concellos de Pereiro de Aguiar (Ourense) e Riotorto (Lugo) para dar continuidade ao desenvolvemento de programas de envellecemento activo e saudable. A Consellería de Política Social e Igualdade destinará 145.000 euros a financiar as actividades neste ámbito que ao longo deste ano se realicen nestas localidades a través dos seus servizos sociais comunitarios e coas que se prevé chegar a máis de 300 veciños.

O obxectivo destes acordos é previr situacións de dependencia e facilitar unha vida activa. Neste sentido, a Xunta colabora con distintos concellos, en especial os de carácter máis rural e de menor poboación, para facilitar ás persoas maiores que viven neles alternativas para o seu tempo libre, tales como: actividades de ximnasia, de ocio e lecer, cursos e chalas informativas ou obradoiros artísticos, entre outras.

Ademais do financiamento de programas de envellecemento activo e saudable, outras iniciativas que a Xunta pon á disposición dos maiores para que desfruten desta etapa das súas vidas son, por exemplo: Benestar en Balnearios, Xuntos polo Nadal ou as Aulas Sénior.

0.19142508506775