A Xunta autoriza a construción de dous novos parques eólicos na provincia de Lugo

Pol
GaliciaXa | LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa
Os dous proxectos afectan aos concellos de Castroverde, Pol, Láncara, Baralla e Baleira
IRIXOA parque eólico touriñan
23 Jun 2026

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou dúas resolucións da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático polas que se concede a autorización administrativa previa e de construción a dous novos parques eólicos promovidos por Naturgy Renovables na provincia de Lugo.

Un dos proxectos corresponde á ampliación do parque eólico Monciro, que se localizará entre os concellos de Castroverde e Pol. A instalación contará cunha potencia de 6,93 megavatios (MW) e un investimento próximo aos 17 millóns de euros. O proxecto inclúe a instalación de dous aeroxeradores, dous centros de transformación, unha rede colectora soterrada e outras infraestruturas complementarias necesarias para o seu funcionamento.

A segunda iniciativa é o parque eólico Montelora, que se situará nos municipios de Láncara, Baralla, Castroverde e Baleira. Neste caso, a potencia prevista ascende a 25 MW e contará con cinco aeroxeradores. O investimento estimado tamén ronda os 17 millóns de euros.

Coa publicación destas autorizacións no DOG, ambos os dous proxectos avanzan na súa tramitación administrativa para a súa futura execución, reforzando a aposta pola xeración de enerxía renovable na provincia de Lugo.

0.15513801574707