A Xunta completa a instalación de luminarias na estación de bus de Vilalba

TerraChaXa
A Xunta de Galicia rematou o arranxo do sistema eléctrico e a reposición de todas as luminarias das dársenas da estación de autobuses de Vilalba.
instalacion luz luminarias estacion bus vilalba
instalacion luz luminarias estacion bus vilalba
22 Nov 2023

A Xunta de Galicia rematou o arranxo do sistema eléctrico e a reposición de todas as luminarias das dársenas da estación de autobuses de Vilalba.

Segundo indican, o Goberno galego actuou tan pronto tivo coñecemento do problema e realizou as xestións necesarias para solucionar a avaría, de modo que parte da iluminación xa estaba operativa o pasado venres, achegando maior seguridade para os usuarios.

"Desde a Xefatura Territorial da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade de Lugo puxéronse en contacto co Concello ata en tres ocasións ao longo da pasada semana para informar sobre os avances", din.

0.17918586730957