A Xunta da un prazo de dez días para comparecer pola repotenciación dun parque eólico en Muras

TerraChaXa
O anuncio, publicado este martes no Diario Oficial de Galicia (DOG), convoca os afectados para que comparezan co obxectivo de recibir a notificación do contido íntegro dos actos administrativos
Imaxe recurso de eólicos
18 Nov 2026

A Xunta de Galicia notificou a un total de 26 persoas e entidades interesadas no proxecto de repotenciación do parque eólico de Muras, promovido por Iberdrola Renovables nos concellos de Muras e Ourol. Entre os destinatarios das notificacións figuran particulares, persoas descoñecidas e montes abertais.

O anuncio, publicado este martes no Diario Oficial de Galicia (DOG), convoca os afectados para que comparezan co obxectivo de recibir a notificación do contido íntegro dos actos administrativos relacionados co proxecto.

As persoas e entidades interesadas dispoñen dun prazo de dez días hábiles para efectuar a comparecenc

0.14985513687134