A Xunta entrega unha vivenda de promoción pública en Vilalba
TerraChaXa
A Xunta entregou en réxime de alugamento unha vivenda de promoción pública situada na rúa Manuel Mato Roxeira do Concello de Vilalba.
14 Out 2020
A Xunta entregou en réxime de alugamento unha vivenda de promoción pública situada na rúa Manuel Mato Roxeira do Concello de Vilalba. Trátase dun piso de dous dormitorios e 64 metros cadrados.
No acto estiveron presentes o delegado da xunta, Javier Arias, así como a alcaldesa, Elba Veleiro e o líder dos populares, Agustín Baamonde.
O delegado aproveitou a ocasión para lembrar que as persoas interesadas en optar a este tipo de adxudicacións poden en calquera momento inscribirse no Rexistro Único de Demandantes que xestiona o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS).
A inscrición pode realizarse presencialmente ou a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.