A Xunta facilitará o transporte adaptado a un neno de Alba despois de case un ano

TerraChaXa
A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades facilitará o servizo de transporte escolar adaptado a un neno de Alba, en Vilalba, tras valorar os últimos informes emitidos que achegan un novo diagnóstico do alumno, que cursa os seus estudos nun colexio de educación Infantil e Primaria da capitalidade.
2 Feb 2024

A Xunta acordou coa familia esta alternativa, ao considerar que se axeita á situación persoal do alumno. Para iso, faranse axustes nunha ruta de transporte escolar adaptado con coidador que xa está prestando servizo a outros usuarios no municipio de Vilalba, e que parará xunto á vivenda do neno para levalo ao colexio e traelo de volta.

O transporte escolar adaptado é un servizo que presta a Consellería de Educación no conxunto da Comunidade a través de diversos convenios de colaboración con entidades especializadas en la atención á diversidade.

"Cómpre lembrar que a parada de Igrexa de Alba atópase na estrada N-634, unha vía de titularidade estatal na que só ten capacidade de actuación a Administración xeral do Estado, á que lle corresponde analizar e mellorar a accesibilidade neste punto. Pola súa banda, a Xunta realiza melloras de seguridade e accesibilidade en paradas de autobús situadas na rede autonómica de estradas de Galicia", dixeron desde a Xunta.

Esta solución chega o mesmo día que o asunto se tratou no Pleno a instancias do BNG e despois dun ano desde que se presentou a primeira solicitude da familia.

0.17859220504761