A Xunta fai entrega dunha vivenda de promoción pública en Patoriza

TerraChaXa
As persoas interesadas en optar ás adxudicacións deben estar inscritas no Rexistro de Demandantes de Vivenda de Galicia
entrega-vivenda-pastoriza
28 Oct 2026

A Xunta de Galicia entregou unha vivenda de promoción pública na localidade de Pastoriza; está situada no Lugar da Igrexa, conta con 90 metros cadrados de superficie e dispón de tres dormitorios e garaxe.

O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, sinalou durante o acto de entrega que as persoas interesadas en optar ás adxudicacións deben estar inscritas no Rexistro de Demandantes de Vivenda de Galicia.

Por outra banda, o Goberno galego ten abertas tres convocatorias de axudas para facilitar o acceso á vivenda. Así, o 16 de novembro remata o prazo para solicitar apoios para a compra ou autopromoción de vivendas por parte de persoas menores de 36 anos en concellos de ata 10.000 habitantes; o 30 de outubro péchase o programa de avais e o 30 de novembro o do Bono de Alugueiro Social.

0.14736104011536