A Xunta inviste 1,2 millóns de euros na residencia de maiores de Riotorto

TerraChaXa | AMariñaXa
Terá capacidade para aloxar a 37 usuarios e o custe total dos traballos será de 1,8 millóns de euros
residencia-maiores-riotorto
Visita del responsables da Xunta ao lugar onde se contruirá a residencia
5 Xuño 2024

A Xunta de Galicia financiará con 1,2 millóns de euros a construción dunha residencia de maiores en Riotorto de titularidade municipal. O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, o delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias, e o alcalde do concello, Clemente Iglesias, visitaron hoxe a parcela na que se edificará o centro que disporá de 37 prazas.

Esta actuación desenvolverase no marco do novo Plan de Investimentos de 18,5 millóns de euros co que o Executivo autonómico financia unha vintena de proxectos de construción, reforma ou ampliación de residencias, centros de día, vivendas comunitarias e centros sociais de titularidade municipal. Un plan acordado coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp).

A construción da futura residencia de Riotorto terá un custe total de 1,8 millóns de euros e será o Concello o que se encargue da licitación e contratación das obras unha vez que se asine o convenio de colaboración entre as administracións autonómica e local. O inmoble presentará unha estrutura modular con semisoto, que acollerá o garaxe e distintos servizos como o de lavandería; planta baixa para os espazos comúns, como comedor ou sala de enfermaría; e a planta alta que quedará reservada para as habitacións.

O xerente do Consorcio destacou o impulso histórico que supón o Plan de Investimentos, tanto na mellora de instalacións como na creación de 500 novas prazas de atención residencial e outras 150 de atención diúrna. Ao respecto, engadiu que este plan permitirá seguir reforzando a rede de servizos locais e de proximidade destinados ás persoas maiores.

0.14941906929016