A Xunta inviste 520.000 euros en renovar o firme na estrada de Lugo a Friol

TerraChaXa | LugoXa
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade está a executar traballos de renovación do firme na estrada autonómica LU-234.
obras renovacion estrada lugo friol
28 Xuño 2022

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade está a executar traballos de renovación do firme na estrada autonómica LU-234, en nove quilómetros entre os municipios de Lugo e Friol, concretamente no treito que une Ombreiro con Cotá, entre os puntos quilométricos 04+000 e 12+660.

A Xunta de Galicia inviste 519.685 euros nesta importante actuación que afecta a unha das vías de circulación de máis circulación, ao seu paso polos municipios de Lugo e de Friol.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, comprobou hoxe a marcha das obras, que comezaron o pasado día 20 e que rematarán , segundo as previsións, o vindeiro 1 de xullo. Esta actuación comezou coa limpeza previa das cunetas e continuou co reforzo da capa de rodadura cunha mestura bituminosa en quente nunha lonxitude de 8,66 quilómetros da estrada LU-234. Concretamente actuarase entre o punto quilométrico 04+000 ao 08+570, polo municipio de Lugo, e entre os puntos quilométricos 08+570 e o 12+660, no concello de Friol.

Unha vez rematadas as obras de reforzo do firme acometeranse o repintado da sinalización horizontal en toda a estrada, entre os puntos quilométricos 00+000 e 12+660, unha actuación que rematará nos primeiros días de xullo.

Arias destacou que a reforma achegará “maior seguridade para a circulación nunha vía de moito tráfico, co obxectivo de que as estradas autonómicas estean en condicións óptimas e proporcionen o maior nivel posible de eficiencia e confort ao tráfico rodado e peonil”.

0.21031999588013