A Xunta mellora o plan de transporte público con cinco expedicións a Muimenta e outras parroquias de Cospeito

TerraChaXa
A Consellería de Infraestruturas e Vivendas mellorará o plan de transporte público por estrada para dar servizo con cinco expedicións á veciñanza de Muimenta e outras parroquias de Cospeito.
Xunta transporte Muimenta
21 sep 2017

A Consellería de Infraestruturas e Vivendas mellorará o plan de transporte público por estrada para dar servizo con cinco expedicións á veciñanza de Muimenta e outras parroquias de Cospeito.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que a modificación acolle as demandas lideradas desde o Goberno municipal e os colectivos veciñais, aos que esta mesma tarde lles trasladou o acordo acadado co Concello.

Deste xeito, de luns a venres, acordáronse cinco novas expedicións coas seguintes características:

• Saída desde Muimenta ás 7.00h con regreso desde Lugo ás 13.00 horas
• Saída desde Meira ás 11.00h, con parada en Muimenta sobre as 11.30h
• Saída desde Meira ás 15.00h, con parada en Muimenta sobre as 15.30h
• Nestes dous últimos casos o regreso desde Lugo será ás 19.30h

As novas liñas de transporte inclúen parada no Hospital Lucus Augusti (Hula) unha das demandas feitas desde o Goberno local e no caso das expedicións con saída desde Meira, percorrerán os núcleos de Arneiro, Xustás de Cospeito e Bazar e Ponte de Outeiro do concello de Castro de Rei. Ademais a saída ás 19.30h busca facer compatible este horario coa saída dos centros educativos lucenses, polo que poden ser de especial interese para os estudantes de ESO, bacharelato e FP.

A alegación do Concello, básica para o acordo
Jose Manuel Balseiro quixo poñer en valor o acordo acadado para mellorar o servizo e indicou que para o mesmo foi básica alegación que no seu día presentou o Concello de Cospeito. A proposta ademais foi ben acollida polos colectivos veciñais.

O delegado territorial significou que este acordo é posible grazas a axustar o proxecto ao máximo e lembra que o Goberno galego está aberto, estuda e impulsa as modificacións puntuais que, comprobada a súa viabilidade, sirvan para mellorar o servizo de transporte público por estrada de xeito especial cando redunden nunha mellor conexión das zonas do rural, un dos obxectivos básicos do novo plan.

0.096617937088013