A Xunta propón destinar fondos europeos para salvar Alcoa

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
No día de hoxe o comité de empresa de Alcoa reuniuse en Santiago de Compostela co presidente da Xunta de Galicia, Núñez Feijoo.
16 Xuño 2020

No día de hoxe o comité de empresa de Alcoa reuniuse en Santiago de Compostela co presidente da Xunta de Galicia, Núñez Feijoo.

Tralo encontro propuxose poder destinar unha parte dos fondos europeos para os plans de industrialización de empresas que presten "servizos esenciais", como a planta de Alcoa en San Cibrao, ademáis de conceder préstamos participativos para facilitar a modernización da factoría.

Feijoo explico que estas medidas poñeríanse en marcha unha vez que haxa unha tarifa estable da electricidade e que se saiba que a planta seguirá producindo aluminio e é viable.

Para iso demandou a publicación no BOE da poxa de interrumpibilidade para o segundo semestre do ano, con bloques de 90 megavatios e por un importe de polo menos 275 millóns de euros, unha partida que o Goberno podería poñer a disposición polas emisións de CO2, dixo.

Ademáis, na reunión obtiveronse dous compromisos, por unha banda facer unha convocatoria conxunta da mesa multilateral, Xunta, Alcoa, comité de empresa, sindicatos, Ministerio de Industria e Ministeria de Transición, e por outra banda solicitar unha fronte común entre Galicia, Asturias e Cantabria para facer vales as alegacións ao Estatuto electrointensivo xa presentado por ditos Gobernos a o presidente do Estado español, Pedro Sánchez.

O comité de empresa da planta cervense agradecer a todos os traballadores o apoio amosado nas distintas mobilizacións e seguirán reclamando os mecanismos existentes ata chegar a ter unha regulación estable e competitiva para a industria.

 

0.16617298126221