A Xunta require a 2.000 parcelas de Guitiriz a adecuación á lexislación vixente antiincendios
Veciños de Guitiriz están a recibir unha notificación para xestionar a biomasa vexetal e retirar as especies arbóreas que se atopen na franxa de protección de incendios forestais dos núcleos de poboación. En total, detectáronse mais de 2000 parcelas que incumpren a lexislación vixente, e a Xunta de Galicia emitiu as correspondentes notificacións que está a enviar estes dias.
Esta notificación vén motivada para dar cumprimento a lexislación en materia de montes e incendios forestais e o Plan Municipal de Prevención de Incendios Forestais, no que os concellos son os responsables do cumprimento da lei, mediante a comunicación aos propietarios das parcelas que non cumpran o establecido.
A Xunta de Galicia levou a cabo a inspección das parcelas e predios que rodean os núcleos do concello de Guitiriz, nos meses de setembro e outubro de 2021 e estanse a efectuar as notificacións ós titulares das mesmas segundo consta en catastro.
Se a hora de recibir a notificación, a parcela/as están xestionadas correctamente, os propietarios non teñen que facer nada o respecto, xa que nunha segunda inspección comprobarase dita situación. Se alguén recibe unha notificación e non é responsable, deberá comunicalo por escrito ó concello, xustificando o motivo polo cal non é o responsable ou propietario da finca.