A Xunta suspende as clases durante catorce días
Desde o luns día 16 de marzo todos os centros educativos permanecerán pechados, así o comunicou o presidente da Xunta de Galicia esta mañá nunha rolda de prensa ante os diferentes medios de comunicación.
Segundo indicou "trátase de medidas de contención para evitar acadar as cifras de contaxio doutras comunidades autónomas".
O presidente anunciou que as clases suspenderanse en principio durante estes quince días pero si a situación mellora retirarían estas medidas en canto sexa posible.
Feijóo indicou que a recomendación de suspender as clases comeza coa recomendación de non acudir mañá si é posible pero a partir do luns os centros estarán pechados. Así mesmo pecharán garderías e centros de sociais e recomándase á poboación que se manteña o maior tempo posible na casa.
A suspensión das clases afecta a todos os niveis dende infantil, primaria, secundaria, FP a universidades. Tamén vén en correlación coa suspensión das actividades deportivas e extraescolares, así como as competicións escolares.
Ao mesmo tempo, o Consello da Xunta está nestes momentos deliberando todas as opcións para fomentar o teletraballo entre os seus funcionarios.
Outra das medidas que se poñen en marcha é limitar a concentración de persoas en espacios pechados a un máximo de 50 persoas e reducir a un terzo do seu aforo os espazos.
Feijóo anunciou que nesta mañá estaban censados 35 contaxios por coronavirus confirmados e 28 pendientes de confirmación.
Por outra banda, o presidente indicou que as eleccións "son algo secundario" agora mesmo e non descantan aprazalas se a situación empeora.
Polo momento asegurou que o PP suspenderá ata o luns todos os actos de precampaña e convocou ao resto de partidos a unha reunión para falar dun posible aprazamento das mesmas e para tomar unha decisión conxunta sobre a suspensión da campaña.