Abadín acolle un taller formativo do Servizo de Atención Temperá
TerraChaXa
O Servizo de Atención Temperá de Mondoñedo impartirá o día 12 de abril, mércores, un taller formativo sobre estimulación familiar.
![servizo atencion tempera abadin portada](https://terrachaxa.com/wp-content/uploads/2023/04/servizo-atencion-tempera-abadin-portada.jpg)
servizo atencion tempera abadin portada
9 Abr 2023
O Servizo de Atención Temperá de Mondoñedo impartirá o día 12 de abril, mércores, un taller formativo sobre estimulación familiar pola familia.
A sesión terá lugar no concello de Abadín a partir das 16.00 horas e está dirixido a familias de nenos e nenas de entre 0 e 6 anos.
A charla está organizada polo CEIP Aquilino Iglesia Alvariño e o Concello de Abadín para os concellos de Abadín, A Pontenova, Barreiros, Lourenzá, Meira, Mondoñedo, Pastoriza, Pol, Trabada e Riotorto.
![servizo atencion tempera abadin](https://terrachaxa.com/wp-content/uploads/thumbs/2023/04/servizo-atencion-tempera-abadin-200x283.jpg)