Abadín avanza na mellora da súa rede de camiños municipais con novas actuacións de asfaltado

TerraChaXa
Desde o goberno local destacan que estas obras forman parte do compromiso do Concello por manter e renovar os servizos básicos en todas as parroquias
obras-accesos-abadin
6 Jul 2026

O Concello de Abadín continúa desenvolvendo traballos de mellora da rede viaria municipal mediante a pavimentación con aglomerado asfáltico en distintos puntos do municipio, co obxectivo de reforzar a seguridade, a accesibilidade e a comodidade das comunicacións para a veciñanza.

As actuacións executadas nas últimas semanas centráronse no acceso a Butarreira, na parroquia das Goas, no acceso situado en Candia e no acceso a Toxal, na parroquia de Fanoi. Estas intervencións permiten mellorar o estado das vías municipais, facilitando os desprazamentos diarios dos residentes e contribuíndo á conservación e modernización das infraestruturas do rural.

Desde o goberno local destacan que estas obras forman parte do compromiso do Concello por manter e renovar os servizos básicos en todas as parroquias, atendendo ás necesidades da poboación e favorecendo unhas comunicacións máis seguras e eficientes.

O Concello de Abadín asegura que seguirá impulsando actuacións deste tipo en diferentes puntos do termo municipal co fin de mellorar a calidade de vida da veciñanza e garantir o bo estado da rede de camiños municipais.

0.15211200714111