Abadín contará en xullo cun festival cultural de nome Rumboia Viva

TerraChaXa
A Asociación xuvenil A Rumboia, de Abadín, anunciou a próxima celebración de Rumboia Viva, un festival cultural que terá lugar en xullo
rumboia viva festival previa portada
rumboia viva festival previa portada
7 abr 2023

A Asociación xuvenil A Rumboia, de Abadín, anunciou a próxima celebración de Rumboia Viva, un festival cultural que terá lugar o próximo mes de xullo, na porta da Terra Chá.

O colectivo traballa no deseño do programa pero xa avanzou que haberá moitas moitas actividades, onde música, gastronomía, artesanía e narración oral serán as grandes protagonistas.

A asociación presentou a través das súas redes sociais os elementos que formarán parte do cartel anunciador do evento e que veñen a poñer en valor parte do seu patrimonio natural, como son as queirugas, os grelos ou os penedos.

rumboia viva festival previa