Abadín inicia as obras de aglomerado asfáltico en A Carballeira para mellorar a seguridade viaria

TerraChaXa
Permitirán acondicionar e renovar o firme desta vía, mellorando as condicións de tránsito e favorecendo unha comunicación máis cómoda e segura
obras-asfaltado-abadin
13 Jun 2026

O Concello de Abadín iniciou este venres os traballos de aglomerado asfáltico en A Carballeira, na parroquia da Graña, unha actuación orientada á mellora da rede viaria municipal e ao reforzo da seguridade na circulación para a veciñanza.

As obras permitirán acondicionar e renovar o firme desta vía, mellorando as condicións de tránsito e favorecendo unha comunicación máis cómoda e segura para os usuarios que empregan habitualmente este tramo.

Desde o Goberno local destacan que esta intervención forma parte das actuacións que o Concello vén desenvolvendo para conservar e mellorar as infraestruturas municipais, dando resposta ás necesidades trasladadas pola veciñanza e apostando por un rural máis accesible e con mellores servizos.

O Concello de Abadín agradece a comprensión dos veciños e veciñas ante as posibles molestias que poidan ocasionar os traballos durante a súa execución e solicita colaboración para facilitar o desenvolvemento das obras.

0.12566208839417