Abadín recibe en novembro a visita da ITV móbil

TerraChaXa
A unidade móbil de inspección técnica de vehículos agrícolas estará entre os días 31 de outubro e 10 de novembro no Concello de Abadín, para atender a todos os veciños do termo municipal.
tractor
tractor
28 Out 2023

A unidade móbil de inspección técnica de vehículos agrícolas estará entre os días 31 de outubro e 10 de novembro no Concello de Abadín, para atender a todos os veciños do termo municipal. A atención ao público será entre 9:00 e 13.30 horas e de 15:15 a 18:00 agás os días que coincidan venres, que serán só pola mañá.

A unidade estará situada os días 6,  7, 8, 9 e 10 no mercado gandeiro de Gontán e os días 31 de outubro e 2 e 3 de novoembro no campo da festa de Moncelos

Para solicitar cita previa hai que chamar ao teléfono 902 309 000 ou a través da web www.sycitv.com. A organización lembra que non se pasará inspección a vehículos con carga nin a vehículos con aperos.

0.1825909614563