Abadín rende homenaxe a Jaime cunha gran xornada de celebración no pavillón municipal

TerraChaXa
A celebración comezará ás 12:00 horas cun acto institucional
homenaxe-jaime-abadin
8 Apr 2025

O vindeiro sábado 12 de abril o CEIP Aquilino Iglesia Alvariño e o Concello de Abadín organizan unha emotiva xornada de homenaxe a Jaime, unha figura moi querida na comunidade educativa e no propio municipio. O evento desenvolverase no Pavillón Municipal de Abadín e contará cun completo programa de actividades para todos os públicos.

A celebración comezará ás 12:00 horas cun acto institucional no que se recoñecerá a traxectoria de Jaime e o seu compromiso co colexio e a veciñanza. A continuación, ás 13:00 horas, dará comezo a sesión vermú amenizada pola Puzzle Discoteca, que tamén será a encargada de animar a tarde de festa.

Ás 14:30 horas celebrarase unha comida popular cun menú composto por empanada, paella, churrasco, sobremesa e café. O prezo do vale será de 30 euros para adultos, 15 para menores de 12 anos e gratuíto para nenos e nenas menores de 5 anos. Os vales xa están á venda no colexio.

A partir das 16:00 horas, continuará a festa e o baile con música da man de Puzzle Discoteca e do dúo Venus, poñendo o broche final a unha xornada chea de emoción, música e agradecemento.

O evento conta coa colaboración do Concello de Abadín e da Asociación Xuvenil A Rumboia, e promete ser unha cita inesquecible para todo o municipio.

⚙ Configurar cookies
0.17312097549438