Abadín volverá contar este verán cun campamento para nenos

TerraChaXa
Será gratuíto para nenos de 3 a 14 anos entre o día 13 de xullo e o 14 de agosto.
campamento-veran-muras
22 Jun 2026

O Concello de Abadín celebrará un campamento de verán gratuíto para nenos de 3 a 14 anos entre o día 13 de xullo e o 14 de agosto.

Os interesados en participar poderán anotarse ata o venres 10 de xullo nas oficinas do Concello.

O campamento, que se celebrará no pavillón en horario de 10.00 a 14.00 horas, contará con diferentes actividades ao aire libre como inchables na Roxica, xogos, deportes, obradoiros, praia e excursións.

0.1196620464325