Aberta a inscrición para un curso de cerámica en Guitiriz

TerraChaXa
O Concello de Guitiriz impulsa un curso de cerámica no curso 2017/2018 que dará comezo o 13 de outubro.
9 sep 2017

O Concello de Guitiriz impulsa un curso de cerámica no curso 2017/2018 que dará comezo o 13 de outubro.

A partir de entón desenvolverase tódolos venres en horario de mañá - dende as once e media á unha- e tarde - de seis a sete e media- no soto da Casa Habanera.

O prezo da actividade é de 20 euros ao mes. As persoas interesadas poden inscribirse na Casa do Concello ata o 29 de setembro.

0.10198497772217