Abre o luns o prazo de inscrición da UNED Sénior de Guitiriz

TerraChaXa
O Concello de Guitiriz abrirá do luns 11 de setembro ao venres 22 de setembro o prazo para inscribirse no curso 2023/2024 da UNED Sénior de Guitiriz.
uned senior portada guitiriz
uned senior portada guitiriz
9 sep 2023

O Concello de Guitiriz abrirá do luns 11 de setembro ao venres 22 de setembro o prazo para inscribirse no curso 2023/2024 da UNED Sénior de Guitiriz.

A actividade, dirixida a persoas maiores de 50 anos independentemente da súa formación, oferta para este curso as materias de música e inglés. Todas as persoas interesadas poden formalizar a súa matrícula no Concello.

Para máis información, podese chamar ao teléfono 982 370 109 ou no correo electrónico info@concellodeguitiriz.com.

inscricion uned senior
0.10449504852295