Aberto o prazo de inscrición das escolas deportivas infantís de Meira

O Concello de Meira ten aberto o prazo de inscrición para as actividades das escolas deportivas municipais, que terán lugar desde o mes de outubro ata o mes de maio, despois da xornada escolar.
As primeiras actividades previstas son as de patinaxe, atletismo, fútbol sala, baloncesto, iniciación ao pádel e multideporte, seguindo a liña de anos anteriores, nos que foron as máis solicitadas.
A inscrición deberá facerse na casa da cultura de Meira en horario de 9.30 a 13.30 e de 15.00 a 17.00 horas, sendo o venres 25 o último día.
Estas actividades é un servizo gratuíto que ofrece o Concello de Meira e están dirixidas a nenos e nenas nados entre 2022 e 2011.