Aberto o prazo de inscrición do curso 'Recicla e repara' en Outeiro de Rei

O Concello de Outeiro de Rei abriu o prazo de inscrición para o curso Recicla e repara: pequenos arranxos e grandes ideas, unha iniciativa impulsada en colaboración coa Reserva da Biosfera Terras do Miño.
Esta actividade, totalmente gratuíta, levarase a cabo os sábados 19 e 26 de setembro e 3 de outubro, en horario de 10.00 a 14.00 horas, no Espazo Municipal de Autorreparación e Intercambio de Obxectos, situado en Matela.
O prazo de inscrición manterase aberto ata o 15 de setembro e todas aquelas persoas que queiran asistir deberán acudir á Casa da Cultura da localidade ou chamar ao teléfono 982 393 408. O número de prazas é limitado (10), polo que é preciso inscribirse canto antes.