Aberto o prazo de inscrición na Escola Infantil Municipal e no PAI de Vilalba

TerraChaXa
As familias interesadas poderán presentar as solicitudes de maneira telemática a través da sede electrónica do Concello ou de forma presencial
obras-local-pai-vilalba
18 May 2026

O Concello de Vilalba abriu o prazo de inscrición para a Escola Infantil Municipal e o Punto de Atención á Infancia (PAI), un proceso que permanecerá activo ata o vindeiro 30 de maio.

As familias interesadas poderán presentar as solicitudes de maneira telemática a través da sede electrónica do Concello ou de forma presencial no departamento de Servizos Sociais da Casa do Concello.

Desde o Concello informan de que toda a documentación necesaria e os detalles do proceso de admisión poden consultarse no taboleiro de anuncios da sede electrónica municipal.

A iniciativa está coordinada polas áreas de Alcaldía e Servizos Sociais co obxectivo de facilitar a conciliación familiar e garantir o acceso aos servizos municipais de atención á infancia para o próximo curso.

0.11677408218384